martes, 1 de febrero de 2011

Develado o misterio


A gañadora do xogo de pistas resistíase a posar para a foto, mais o noso fotógrafo puido captar esta imaxe. 
Hoxe a protagonista era Laura. Foi a primeira que adiviñou o título da nosa próxima lectura. 
Parabéns!

Agora toca poñerse a ler e acompañar á familia Pampín nas súas aventuras. 
O martes, día 8 compartiremos as nosas impresións e seremos os protagonisatas da nosa propia versión da mansión dos Pampín.
Que teñades unha boa lectura!

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Desvelado o misterio? Pois, non. Eu quero saber que imos facer o martes polo Rosal :O
Jajajaajaaja

Tamara Alonso

O Librako dijo...

Tamara, tes que agardar... Un adianto: non faceros unha estatua na praza do Calvario.

Por certo, teremos unha visita... Deixou un comentario no Librako esta tarde.

Anónimo dijo...

Xaaa :) E eu agardo, con impaciencia. Pero agardo.

mmmm.. Vou ver.

Tamara Alonso

alex de 3ºa dijo...

por fin, eu xa vou na metade ^^ jejeje
pero o que mais me intriga e o que faremos o martes uff que intriga

Noelia D. I. 4ºC dijo...

Que ben! Luís estará con nós...
A ver cando se apunta Miguel para quedar a comer con nós, ehh!!

Bea Sousa dijo...

Diooos, non mo podo creer... jajaja nunha das fotos sae Asun por detrás!!

Anónimo dijo...

Hola,
yo si es por la tarde también me apunto. Ya tengo ganas de haceros una visita y de participar en vuestro club. Por cierto, del bizcocho me encargo yo.

Sandra "papirofléxica"

Asun Carballo dijo...

Que ben! O martes temos outra visita! Fainos dobre ilusión: por unha banda, porque vides os que xa nos estades, e por outra, porque nesa semana estamos de festa: É O NOSO ANIVERSARIO!

Ao rematar as clases ás 14:30 comemos o noso bocata e despois comeza a sesión.

Esperámoste Sandra!

Irene Cerqueira dijo...

Sen dúbida O Librako está triunfando!O martes promete moito... Veremos que sorpresas nos tendes preparadas!

Alex de 3º dijo...

Que entretido estaba o cómic! Eu xa o lin, gustoume moito. Oxalá que chegue o martes xa :)

Fany e Noelia dijo...

Profe por un día entramos no blog, está moi ben.
O mellor para o ano apuntámonos!!



Fany e Noelia.

Asun Carballo dijo...

Benvidas ao Librako!
Espero contar con vós o próximo ano!

Miguel Abraira dijo...

Bueno, qué bombardeo de mensaxes! Con semellante movemento, quen necesita un tuenti? O librako tamén é unha rede: cando entras... atrápate!
Non sabedes canto me gustaría estar con vos o martes!
Miguel.

Sonia dijo...

Non podes facernos agardar tanto, Miguel!!! Acaso non nos ensinan as historias que lemos a crer que todo é posible??? Axúdanos a demostralo! Calma a eses lectores desesperados que andan perseguindo pistas buscando un sinal que lles permita esperar a túa visita...
Felicidades,Miguel, polo Librako ou tamén Felicidades, Librako, por Miguel.